Galego | Castellano | English

Dani Cerqueiro

Esta é a páxina persoal de Daniel Cerqueiro García.

Nacín na Coruña. Estudiei físicas en Santiago de Compostela e rematei o doutoramento en Modelización Numérica da oleaxe en Ourense, na Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Vivín 11 anos en Corcubión (Costa da Morte), onde fundei e dirixín Galinus Taller de Novos Medios. Desde Setembro do 2015 vivo en A Coruña xunto a Irene García Patiño e os nosos fillos Teo e Eloi.

Fago moitas cousas relacionadas con internet e as TICs, pero as miñas principais ocupacións son ser o Director de Negocio de Docuten, ser o presidente de Startup.gal e realizar actividades formativas relacionadas co Márketing Online, a Transformación Dixital e o Emprendedurismo, como por exemplo:

Se queres coñecerme máis, aquí tes unha ponencia na que puxen moito de min:

Máis información

Biografía.

Currículum Vitae de Daniel Cerqueiro García [ PDF - 370 Kb ].

Onde atoparme

danicerqueiro[arroba]gmail.com [ correo electrónico ].

Twitter.

Linkedin.

Asociacións e outras lerias

Fundador e Promotor de Startup.gal, Promotor da Laconnetwork, Socio de AGAL, Socio de Intermón Oxfam.

feito por Galinus